CLUBE DE LECTURA O SOUTO DOS LIBROS

jueves, 5 de diciembre de 2013

VISITA DE FRAN ALONSO

 O autor de A punta de pistola charlará co alumnado de 4º ESO o vindeiro luns, 9 de decembro.



viernes, 15 de noviembre de 2013

PROPOSTAS DO CLUB LECTURA


Agardámoste n'O souto dos libros!!!

PARABÉNS!

A biblioteca "Agustín Fernández Paz" é  PEQUENA. Xa temos máis de 2500 rexistros!

Con tal motivo expuxéronse  na entrada os rexistros  1, 100, 200, 300...

Grazas a toda a comunidade educativa pola vosas aportacións!



miércoles, 30 de octubre de 2013

SAMAÍN






Se queres pasar medo, neste enlace tes unha boa selección de curtas de terror: http://animasoapostolo.blogspot.com.es/p/cortometrajes-de-terror.html



lunes, 20 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

O dramaturgo Roberto Vidal Bolaño é o persoeiro homenaxeado no Día das Letras. 
Tras un redondo nariz vermello de pallaso berrou verdades coma puños. Foi auténtico e íntegro.


martes, 14 de mayo de 2013

AQUELES ANOS DA RADIO

Hoxe tivemos ocasión de escoitar a un xenio da radio. Carlos Losada, avó de Robin, charlou co alumnado de 4º da ESO sobre o mundo da radio nos anos da posguerra, a dobraxe de películas, a sociedade de entón tan distinta á dos nosos días...
Falounos da súa amizade co "labrego" Uxío Novoneyra, do xeito en que este se dirixía aos animais do Caurel e como compuxo o poema "O moucho"...

Foi un pracer escoitalo. A verdade é que os sesenta minutos soubéronnos a pouco.
Volva cando queira, Carlos, somos todo oídos!



                                           Carlos Losada coa súa filla Cruz e a súa neta Robin.

sábado, 27 de abril de 2013

XUNTANZA CO ESCRITOR MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ

N'O souto dos libros agardamos a Miguel Anxo Fernández, 
escritor e experto cinematográfico, o vindeiro 22 de maio.

           un nicho para marilyn-miguel anxo fernandez-9788482886725      o sabre do frances-miguel anxo fernandez-9788498654233 vino








domingo, 7 de abril de 2013

FELIZ ANIVERSARIO!





On ne voit bien qu'avec le cœur. 

L'essentiel est invisible pour les yeux.







Septuaxésimo aniversario da publicación 

desta gran obra da literatura.

viernes, 22 de marzo de 2013

DÍA DA POESÍA

PERDIDAMENTE (de Florbela Espanca)

Ser poeta é ser mais alto, é ser maior
do que os homens! Morder como quem beija!
é ser mendigo e dar como quem seja
rei do Reino de Áquem e de Além Dor!

É ter de mil desejos o esplendor
e não saber sequer que se deseja!
É ter cá dentro um astro que flameja,
é ter garras e asas de condor!

É ter fome, é ter sede de Infinito!
Por elmo, as manhãs de oiro e de cetim...
É condensar o mundo num só grito!

E é amar-te, assim, perdidamente...
É seres alma, e sangue, e vida

domingo, 3 de marzo de 2013

VISITA DE MARCOS CALVEIRO

O 27 de febreiro o club de lectura O souto dos libros tivo ocasión de charlar co escritor Marcos Calveiro. O autor de Palabras de auga e O pintor do sombreiro de malvas falounos da complicada estrutura do primeiro e da extraordinaria vida de Vincent van Gogh.












miércoles, 20 de febrero de 2013

Día de Rosalía

Un  24 de febreiro naceu Rosalía de Castro.
A biblioteca súmase  a esta celebración agasallándovos con poesía.

Que disfrutedes !


martes, 15 de enero de 2013

Proposta no club de lectura "O souto dos libros"



    3º ESO, 4º ESO e adultos                                                               1º e 2º ESO
                                                                             

Reunión co seu autor, Marcos Calveiro, o día 27 de febreiro na Biblioteca.

jueves, 3 de enero de 2013

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Disertación de A. Fdez. Paz  na nosa biblioteca 
o día 7 de novembro de 2012.

O vídeo seccionámolo en tres partes. Para ver e escoitar só tes que pinchar en cada unha.