CLUBE DE LECTURA O SOUTO DOS LIBROS

lunes, 20 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

O dramaturgo Roberto Vidal Bolaño é o persoeiro homenaxeado no Día das Letras. 
Tras un redondo nariz vermello de pallaso berrou verdades coma puños. Foi auténtico e íntegro.


martes, 14 de mayo de 2013

AQUELES ANOS DA RADIO

Hoxe tivemos ocasión de escoitar a un xenio da radio. Carlos Losada, avó de Robin, charlou co alumnado de 4º da ESO sobre o mundo da radio nos anos da posguerra, a dobraxe de películas, a sociedade de entón tan distinta á dos nosos días...
Falounos da súa amizade co "labrego" Uxío Novoneyra, do xeito en que este se dirixía aos animais do Caurel e como compuxo o poema "O moucho"...

Foi un pracer escoitalo. A verdade é que os sesenta minutos soubéronnos a pouco.
Volva cando queira, Carlos, somos todo oídos!



                                           Carlos Losada coa súa filla Cruz e a súa neta Robin.