CLUBE DE LECTURA O SOUTO DOS LIBROS

viernes, 28 de diciembre de 2012

viernes, 16 de noviembre de 2012

XUNTANZA CO ESCRITOR AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ



  VICIOSOS DA LECTURA
   
  O 7 de novembro permanecerá na memoria como o día no que Agustín Fernández Paz enmeigou a  cincuenta  almas valéndose da  súa poderosa maxia  verbal. 

  Apenas puxo  pé na biblioteca,  escoitouse un cálido  aplauso. Axiña se fixo coas caras e cos nomes dos alí presentes. Xa non tiñamos volta atrás. Caeramos nas súas redes irremediablemente.

  Falounos  dos fantasmas cos que conviviu  a cotío na súa infancia; dos libros que deixan fondas pegadas nas persoas, tan fondas que incluso nos cambian a vida.

 A necesidade imperiosa de contar historias para subsistir é inherente á condición humana,  hai tantas  como area na Praia de Samil, a dificultade radica en construílas para que os lectores se apropien delas, ese é o maior premio para un escritor.

  Toda novela é como un iceberg: o que se le é o que se ve na superficie (as dúas quintas partes), por debaixo está o traballo previo de documentación do autor. Este crea os personaxes, acompáñaos alá onde vaian e son eles mesmos os que lle indican que chegou ao final da historia.

  Tamén nos  agasallou cuns consellos para ser escritor: ler moito moito moito e con paixón, ver bo cine e ter moita paciencia (escribir é unha carreira de fondo).

  Ao cabo da disertación o engaiolamento do auditorio  manifestábase en cada rostro. Un entusiasmo lector apropiouse do espazo e invadiu  os corazóns. Sábese que algunhas daquelas persoas víronse impulsadas a frecuentar máis a biblioteca; outras van camiño de “engancharse”  aos libros demandando títulos;  hainas que están a piques de cruzar ao  lado poético; incluso se rexistran  casos de viciosos da lectura…  Cremos que xa non hai solución.

  Dende a  Biblioteca “Agustín Fernández Paz” agradecemos  a presencia  de Xesús Alonso Montero e Juan Francisco Centrón Montero,  viciosos empedernidos.

  Grazas a  Agustín Fernández Paz, principal vicioso da lectura.












lunes, 22 de octubre de 2012

VISITA DO ESCRITOR AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ




AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ visitará o noso instituto o vindeiro día 7 de novembro para inaugurar a Biblioteca co seu nome. Por isto, no club de lectura "O souto dos libros" propoñemos:


    
              1º ESO                                   2º ESO                                       3º e 4º  ESO
                                                                                                                ADULTOS

domingo, 7 de octubre de 2012

O SOUTO DOS LIBROS

O club de lectura "O souto dos libros" retoma a súa andaina. Quen nos queira acompañar debe pasar pola biblioteca para se anotar.
BOA CAMIÑADA!

martes, 5 de junio de 2012

domingo, 3 de junio de 2012

A NOSA BIBLIOTECA TEN NOME E APELIDOS


 Para toda a comunidade educativa do IES de Ponteareas é un inmenso orgullo que un escritor da magnitude literaria e humana como é Agustín Fernández Paz  accedese a que a nosa Biblioteca leve o seu nome.
Dende este recuncho  queremos darlle as máis cariñosas  grazas.
Grazas a Bibliotecas Escolares de Galicia e a todas cantas persoas o fixestes posible. 

Estes días podedes ver no corredor adxacente á Biblioteca unha exposición sobre a súa obra.
Mentres, agardamos a visita do escritor.


                                      Imaxe  do agasallo que se lle entregará ao autor persoalmente.



miércoles, 23 de mayo de 2012

miércoles, 16 de mayo de 2012

VISITA DA ESCRITORA TERESA GONZÁLEZ

O pasado día 15 de maio o  alumnado de 1º ESO tivo ocasión de charlar na Biblioteca coa autora do libro A filla do ladrón de bicicletas.
Coas aportacións do animado auditorio Teresa González descubriunos máis  segredos sobre a fabulosa Celerífera.



sábado, 12 de mayo de 2012

XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA

O mércores, 16 de maio,  verémonos na Biblioteca á hora do recreo. Avisade a Pepa, a Loba e traede a mochila de Alba! 


Podedes aportar os vosos comentarios neste blog.

domingo, 22 de abril de 2012

viernes, 20 de abril de 2012

A SEMANA QUE ANDAMOS















        Seguimos adiante co concurso.
Noraboa á  gañadora  do mes de marzo, MARÍA FERNÁNDEZ NANDE, de 1º ESO C. 
Un dos axudantes da Biblioteca, Jonathan, faille entrega do premio.

miércoles, 28 de marzo de 2012

MÁIS LECTURAS NO CLUB

No Souto dos Libros para abril:


    1º e 2º ESO                        3º e 4º ESO                     ADULTOS


martes, 27 de marzo de 2012

VISITA DA ESCRITORA TERESA GONZÁLEZ COSTA

O vindeiro día 15 de maio contaremos coa visita da escritora Teresa González Costa, autora de A filla do ladrón de bicicletas.

miércoles, 14 de marzo de 2012

A SEMANA QUE ANDAMOS

Hoxe fixemos o sorteo correspondente ao mes de febreiro.
Noraboa á alumna gañadora: 


                    NURIA DE CASTRO CELARD,
                                       2º ESO B.



                                                   

MALETA DE POESÍA

Hai máis dunha semana que a Biblioteca acolle unha exposición de libros de poesía emprestados polo CFR de Vigo. Ata o día 19 de marzo teremos posibilidade de compartir versos a eito.


jueves, 8 de marzo de 2012

LIBROS CON CHOCOLATE

O luns, 5 de marzo, celebramos de novo a lectura. Desta vez arredor dunha fantástica fonte de chocolate na que se bañaron diversas froitas e algún que outro lambón.  O traballo do persoal da cafetería causou unha sorpresa extraordinaria que non esqueceremos.

sábado, 3 de marzo de 2012

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore

Historia de amor polos libros.
Película de animación que vén de gañar o Oscar.

miércoles, 29 de febrero de 2012

O SOUTO DOS LIBROS

CLUB de LECTURA “ O souto dos libros”
REUNIÓN  luns, 5 marzo, ás 15:30 h  NA CAFETERÍA

sábado, 18 de febrero de 2012

AMOR E POESÍA

No Día do Amor a Biblioteca serviu de escenario para que o alumnado recitase os seus poemas con ambiente musical. Houbo quen se atreveu a facelo de memoria e tamén quen nos deleitou cunha composición de seu pai en portugués. 





martes, 14 de febrero de 2012

AMOR E POESÍA

Teño o amor.
veu paseniño
co seu arrecendo suave
inquietando un corazón cheo de fume,
o fume da confusión
que tantas paisaxes esburaca.
Teño o amor.
Acariñeino nos seus beizos invisibles
moi preto da beira da loucura.
Deixoume unhas verbas insondables
tras invadir o meu espacio.
Teño o amor
adurmiñado pola brisa
e sinto a súa presencia
envolta en soños desarmados
que corren pola néboa.
Teño o amor
e pérdome na paixón dos seus lindeiros.

  (GARCÍA TEIJEIRO, A.: Na agonía dos outonos en silencio, Ediciós do Castro)

domingo, 29 de enero de 2012

LITERATURA PARA A PAZ

“- Por que non transformamos os exércitos nunha banda de música?”
 
 

sábado, 28 de enero de 2012

MALETA VIAXEIRA DE CÓMIC

Ata o 6 de febreiro podedes disfrutar dos libros de banda deseñada expostos na Biblioteca. Son préstamo de Bibliotecas Escolares chegados na maleta viaxeira.

NOVA PROPOSTA NO SOUTO DOS LIBROS

                                                                               PROFESORADO,
       1º E 2º ESO                  3º E 4º ESO              PERSOAL 
                                                                               NON DOCENTE,
                                                                               NAIS, PAIS... 
                                             

Reunirémonos a finais de febreiro.

ALMORZOS LITERARIOS

O Souto dos libros reuniuse os días 17 e 19 de xaneiro arredor dun pequeno almorzo na nosa cafetería para falar da experiencia coas lecturas propostas. Todo un éxito aderezado co exquisito zume natural!



lunes, 23 de enero de 2012

APRENDEMOS XADREZ


ALUMNADO DO INSTITUTO QUE SABE XOGAR AO XADREZ QUERE ENSINAR A QUEN LLE INTERESE APRENDER.
PREGUNTADE NA BIBLIOTECA.