CLUBE DE LECTURA O SOUTO DOS LIBROS

sábado, 10 de diciembre de 2016

PREMIO NOBEL de LITERATURA para BOB DYLAN

  Como cada 10 de decembro, conmemorando o aniversario da morte de Alfred Nobel, entréganse en Estocolmo os premios que levan o seu nome. 

  Este industrial sueco, inventor da nitroglicerina, decidiu que se recoñecese anualmente a aquelas persoas que traballan  en beneficio da humanidade, concretamente nos campos da física, química, fisioloxía ou medicina, literatura e paz.



  Por vez primeira na historia destes premios, concédeselle o Nobel de Literatura 2016 a un músico, cantante e poeta, Bob Dylan




Neste enlace tendes unha selección das súas cancións.


jueves, 24 de noviembre de 2016

Selección de bicos contra a violencia de xénero







Cal bico prefires?

Escolle un dos que este catálogo che ofrece e comparte a túa elección aportando un comentario.




Bica sen pensalo dúas veces...







martes, 8 de noviembre de 2016

CLUB LECTURA "O souto dos libros"


Déixate engulir polo lecer...!




Participa no noso club de lectura!

martes, 12 de julio de 2016

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ NO CORAZÓN. Grazas, mestre!



Reproducimos a disertación de A. Fdez. Paz  na nosa biblioteca 
o día 7 de novembro de 2012.

O vídeo seccionámolo en tres partes. Para ver e escoitar só tes que picar en cada unha.


martes, 17 de mayo de 2016

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


MANUEL MARÍA 


"O idioma é a patria, 
a esencia máis nosa, 
a creación común
mairande e poderosa"

             (A fala, 1979)

domingo, 3 de abril de 2016

"XOGOS FLORAIS" CONVOCADOS POLO CONCELLO DE PONTEAREAS


Pica na imaxe para acceder ás bases.

ROALD DALH

Neste 2016 conmemórase  o centenario do nacemento de Roald Dalh, creador de personaxes tan familiares como Matilda ou Charlie (o da fábrica de chocolate).

Deixámosvos o enlace á  páxina oficial do escritor para que disfrutedes.





viernes, 4 de marzo de 2016

DÍA DE ROSALÍA - CONCURSO MARCAPÁXINAS

O 24 de febreiro, co gallo do Día de Rosalía,  entregouse o premio do I Concurso de Marcapáxinas convocado pola nosa biblioteca o curso pasado.

O marcador de lectura, que resalta a figura da nosa poetisa, foi agasallado a todas as persoas que visitaron a biblioteca.

Carla García Alonso, voluntaria da Biblioteca, fixo entrega do premio á gañadora, Carla Yunta Ferreira, de 3º. ESO C. Parabéns!