CLUBE DE LECTURA O SOUTO DOS LIBROS

lunes, 26 de febrero de 2018

II CONCURSO DE MARCAPÁXINAS



1. Poderán participar as alumnas e alumnos do IES do Barral.

2. Obrigatoriamente débese inserir un verso ou dous de Rosalía de
    Castro.

3. Cada participante poderá presentar entre un e cinco traballos en
    papel, a toda cor, por unha cara e coas dimensións máximas de
    21 cm X 5 cm.

4. Valorarase a calidade dos deseños, a imaxinación e a orixinalidade.

5. Establécense tres premios consistentes en libros e material
    informático. Do primeiro premio faranse copias que serán distribuídas
    entre as persoas usuarias da biblioteca.

6. Os traballos presentaranse nun sobre pechado. No exterior
     indicarase:
   
    II CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

    No reverso do marcapáxinas escribiranse os datos do/a autor/a:
    nome, apelidos e curso.

7. Os separadores de lectura presentados a concurso entregaranse na
    biblioteca “Agustín Fernández Paz” ata o día 15 de marzo de 2018.

8. Os premios entregaranse o venres, 23 de marzo de 2018.

9. O xurado resérvase a posibilidade de declarar deserto calquera dos
    premios.

10. A decisión do xurado será inapelable.

11. O feito de participar neste concurso supón aceptar as presentes
     bases e renunciar a calquera reclamación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario