CLUBE DE LECTURA O SOUTO DOS LIBROS

jueves, 29 de abril de 2010

Anxo Fariña na nosa biblioteca

Hoxe visitounos o escritor e ilustrador dos Megatoxos: Anxo Fariña. Os alumnos de 1º de ESO e de 3º D asistiron a unha charla moi amena na que falou de como naceron Ruxe, Lúa, Ninfa e Faísca.
Antes de marchar deixounos un bonito agasallo que en breve decorará as paredes da nosa biblio.
Se queredes facerlle algún comentario ou pregunta podedes poñervos en contacto con el a través do seu blog:
http://megatoxos.blogspot.com/



martes, 27 de abril de 2010

Homenaxe a Miguel Hernández

O día do libro todos puidemos disfrutar do libro homenaxe a Miguel Hernández.
As nosas estrelas de 4º de ESO A e B posan agora coa súa creación.




jueves, 22 de abril de 2010

CALIGRAMAS

  Os caligramas son poemas feitos para ler e para mirar. Son literatura e debuxo á vez, e os escribiron grandes autores como Guillaume Apollinaire e Vicente Huidobro. Aquí  podes ver algúns deles.
 Os nosos poetas de 2º ESO B e C móstrannos agora as súas creacións.

23 de abril: Día mundial do libro e dos dereitos de autor

E ti, por que les? Os profes deron algunhas das súas razóns, anímaste a dar as túas?





martes, 20 de abril de 2010