CLUBE DE LECTURA O SOUTO DOS LIBROS

Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de mayo de 2016

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


MANUEL MARÍA 


"O idioma é a patria, 
a esencia máis nosa, 
a creación común
mairande e poderosa"

             (A fala, 1979)

lunes, 20 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

O dramaturgo Roberto Vidal Bolaño é o persoeiro homenaxeado no Día das Letras. 
Tras un redondo nariz vermello de pallaso berrou verdades coma puños. Foi auténtico e íntegro.


miércoles, 23 de mayo de 2012

domingo, 8 de mayo de 2011

MAIO DAS LETRAS



A poesía volverá inundar o instituto, desta vez 
con Lois Pereiro, autor homenaxeado no Día das Letras 2011.








Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
a miña retirada preventiva


Acróstico

Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise

sabendo que debería ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio
atroz entre dous muros de silencio

só puiden evitar vivindo á sombra
inocularlle para sempre a quen amaba
doses letais do amor que envelenaba
a súa alma cunha dor eterna

substituíndo o desexo polo exilio
iniciei a viaxe sen retorno
deixándome levar sen resistencia
ó fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia.








jueves, 27 de mayo de 2010

Letras Galegas II

Remata o mes das Letras Galegas no noso centro! No seguinte vídeo podedes ollar a recompilación dos vosos traballos.


miércoles, 19 de mayo de 2010

Letras Galegas

Estamos a celebrar con recitados, música, baile e cine o mes das letras galegas no noso centro. O venres día 14 gozamos coa lectura de poemas de Uxío Novoneyra, e coa música tradicional movemos as cadeiras!
O seguinte vídeo é boa mostra do ben que o pasamos.