Co gallo destas festas, varios departamentos animaron o alumnado a colaborar na decoración do Centro.
A exposición de postais constituíu unha parte deses adornos. Presentáronse 76 traballos que optaban a dous premios. Resultaron gañadores Alba Sestelo Pregal ("Mellor deseño") e Sergio Ocampo González ("Mellor texto en lingua galega"), os dous de 1º ESO A.
Nesta presentación podedes ver as fotografías do Instituto con aroma de Nadal.
MOITAS FELICIDADES!