O un de decembro de dous mil once, un grupo de catro mozos e mozas foron ao instituto como acostumaban. Aquel día tiñan que traballar na biblioteca.
Cando se atopaban en plena concentración, un acabando un exame dun libro de lectura e os outros facendo unhas fichas de sociais sobre a Revolución Francesa, de súpeto, escoitaron os ladridos dun can. Unha das mozas levantouse a ver pola ventá e empezou a gritar: “ Mirade, un can dentro do recinto!”. E todos se asomaron a ver o que pasaba.
Inmediatamente apareceron atrás del Héctor e Montse (os conserxes) para botalo fóra. E conseguírono. Pero non sabían que o can era moi espilido e en canto deron a volta volveu entrar por un burato da rede.
A acción repetiuse varias veces. Entón decidiron poñer unhas pedras de gran tamaño que tapasen o burato. Pero, para abraio de todos os espectadores, con moita maña, o teimudo cadelo empurrou as pedras co fociño conseguindo o seu obxectivo.
Non quedaba máis remedio que pasar ao plan be: Álvaro (xefe de estudos) e Paz (directora) presentáronse cunha corda e un anaco de pan coa intención de prendelo por medo a que lle puidera trabar a calquera neno ou nena.
Pero non foron quen. O can érache ben renarte e saíuse coa súa. Pasou no instituto toda a mañá e marchou antes de que chegaran os da canceira para levalo.
E querería matricularse na ESO?
ESCRIBÍDENOS UN COMENTARIO.
MOITAS GRAZAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario