CLUBE DE LECTURA O SOUTO DOS LIBROS

lunes, 19 de mayo de 2014

XUNTANZA CLUB LECTURA

Reunirémonos na biblioteca 
o vindeiro luns, 26 de maio ás 11:30 h.

Agardámosvos!!!

LETRAS GALEGAS 2014



COMA UN RÍO

Coma un río quixera eu ser: cantar
con estrelas no lombo cara ó mar, 
deixando unha chorima en cada pedra, 
e unha bágoa de Deus en cada herba.

Hai unha cousa clara coma o sol:
prós nosos ollos no está feita a lus
do mundo, o abrente frío que se abreu 
cando abrimos os ollos sobre o mundo.

E eu coma a néboa sobre os outos montes 
que lles cobre a ferez e mailas bágoas; 
e eu coma a estrela que entra polo oco 
do lousado do pobre na agonía.

Hai unha cousa clara coma a lus: 
que no é pra nós a música do mundo, 
a promesa raiante da hora enorme 
en que se dixo: ¡outro home veu ó mundo!

E eu coma un fondo río de recendos, 
de voces e de luces: coma o aire, 
que beixa todo e non se aposa en nada 
máis que no sangue, na raíz do sangue...

(DÍAZ CASTRO, Xosé Mª., Nimbos)