viernes, 28 de diciembre de 2012
viernes, 16 de noviembre de 2012
XUNTANZA CO ESCRITOR AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
VICIOSOS DA LECTURA
O 7 de novembro permanecerá na memoria como o día no que Agustín Fernández Paz enmeigou a cincuenta almas valéndose da súa poderosa maxia verbal.
O 7 de novembro permanecerá na memoria como o día no que Agustín Fernández Paz enmeigou a cincuenta almas valéndose da súa poderosa maxia verbal.
Apenas puxo pé na biblioteca, escoitouse un cálido aplauso. Axiña se fixo coas caras e cos nomes
dos alí presentes. Xa non tiñamos volta atrás. Caeramos nas súas redes
irremediablemente.
Falounos dos fantasmas cos que conviviu a cotío na súa infancia; dos libros que
deixan fondas pegadas nas persoas, tan fondas que incluso nos cambian a vida.
A necesidade imperiosa de
contar historias para subsistir é inherente á condición humana, hai tantas
como area na Praia de Samil, a dificultade radica en construílas para
que os lectores se apropien delas, ese é o maior premio para un escritor.
Toda novela é como un
iceberg: o que se le é o que se ve na superficie (as dúas quintas partes), por
debaixo está o traballo previo de documentación do autor. Este crea os
personaxes, acompáñaos alá onde vaian e son eles mesmos os que lle indican que
chegou ao final da historia.
Tamén nos agasallou cuns consellos para ser escritor:
ler moito moito moito e con paixón, ver bo cine e ter moita paciencia (escribir
é unha carreira de fondo).
Ao cabo da disertación o
engaiolamento do auditorio manifestábase
en cada rostro. Un entusiasmo lector apropiouse do espazo e invadiu os corazóns. Sábese que algunhas daquelas
persoas víronse impulsadas a frecuentar máis a biblioteca; outras van camiño de
“engancharse” aos libros demandando
títulos; hainas que están a piques de
cruzar ao lado poético; incluso se
rexistran casos de viciosos da
lectura… Cremos que xa non hai solución.
Dende a Biblioteca “Agustín Fernández Paz”
agradecemos a presencia de Xesús Alonso Montero e Juan Francisco
Centrón Montero, viciosos empedernidos.
Grazas a Agustín Fernández Paz, principal vicioso da
lectura.
Etiquetas:
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ,
CLUB DE LECTURA,
ESCRITORES
lunes, 22 de octubre de 2012
VISITA DO ESCRITOR AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ visitará o noso instituto o vindeiro día 7 de novembro para inaugurar a Biblioteca co seu nome. Por isto, no club de lectura "O souto dos libros" propoñemos:
1º ESO 2º ESO 3º e 4º ESO
ADULTOS
domingo, 7 de octubre de 2012
O SOUTO DOS LIBROS
O club de lectura "O souto dos libros" retoma a súa andaina. Quen nos queira acompañar debe pasar pola biblioteca para se anotar.
BOA CAMIÑADA!
BOA CAMIÑADA!
martes, 5 de junio de 2012
domingo, 3 de junio de 2012
A NOSA BIBLIOTECA TEN NOME E APELIDOS
Para toda a comunidade educativa do IES de Ponteareas é un inmenso orgullo que un escritor da magnitude literaria e humana como é Agustín Fernández Paz accedese a que a nosa Biblioteca leve o seu nome.
Dende este recuncho queremos darlle as máis cariñosas grazas.
Grazas a Bibliotecas Escolares de Galicia e a todas cantas persoas o fixestes posible.
Estes días podedes ver no corredor adxacente á Biblioteca unha exposición sobre a súa obra.
Mentres, agardamos a visita do escritor.
Imaxe do agasallo que se lle entregará ao autor persoalmente.
miércoles, 23 de mayo de 2012
miércoles, 16 de mayo de 2012
VISITA DA ESCRITORA TERESA GONZÁLEZ
O pasado día 15 de maio o alumnado de 1º ESO tivo ocasión de charlar na Biblioteca coa autora do libro A filla do ladrón de bicicletas.
Coas aportacións do animado auditorio Teresa González descubriunos máis segredos sobre a fabulosa Celerífera.
Coas aportacións do animado auditorio Teresa González descubriunos máis segredos sobre a fabulosa Celerífera.
sábado, 12 de mayo de 2012
XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA
O mércores, 16 de maio, verémonos na Biblioteca á hora do recreo. Avisade a Pepa, a Loba e traede a mochila de Alba!
Podedes aportar os vosos comentarios neste blog.
Podedes aportar os vosos comentarios neste blog.
domingo, 22 de abril de 2012
viernes, 20 de abril de 2012
A SEMANA QUE ANDAMOS
miércoles, 28 de marzo de 2012
martes, 27 de marzo de 2012
VISITA DA ESCRITORA TERESA GONZÁLEZ COSTA
O vindeiro día 15 de maio contaremos coa visita da escritora Teresa González Costa, autora de A filla do ladrón de bicicletas.
miércoles, 14 de marzo de 2012
A SEMANA QUE ANDAMOS
Hoxe fixemos o sorteo correspondente ao mes de febreiro.
Noraboa á alumna gañadora:
NURIA DE CASTRO CELARD,
2º ESO B.
Noraboa á alumna gañadora:
NURIA DE CASTRO CELARD,
2º ESO B.
MALETA DE POESÍA
Hai máis dunha semana que a Biblioteca acolle unha exposición de libros de poesía emprestados polo CFR de Vigo. Ata o día 19 de marzo teremos posibilidade de compartir versos a eito.
jueves, 8 de marzo de 2012
LIBROS CON CHOCOLATE
O luns, 5 de marzo, celebramos de novo a lectura. Desta vez arredor dunha fantástica fonte de chocolate na que se bañaron diversas froitas e algún que outro lambón. O traballo do persoal da cafetería causou unha sorpresa extraordinaria que non esqueceremos.
sábado, 3 de marzo de 2012
The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore
Historia de amor polos libros.
Película de animación que vén de gañar o Oscar.
Película de animación que vén de gañar o Oscar.
miércoles, 29 de febrero de 2012
O SOUTO DOS LIBROS
CLUB de LECTURA “ O souto dos libros”
REUNIÓN luns, 5 marzo, ás 15:30 h NA CAFETERÍA
REUNIÓN luns, 5 marzo, ás 15:30 h NA CAFETERÍA
sábado, 18 de febrero de 2012
AMOR E POESÍA
No Día do Amor a Biblioteca serviu de escenario para que o alumnado recitase os seus poemas con ambiente musical. Houbo quen se atreveu a facelo de memoria e tamén quen nos deleitou cunha composición de seu pai en portugués.
martes, 14 de febrero de 2012
AMOR E POESÍA
Teño o amor.
veu paseniño
co seu arrecendo suave
inquietando un corazón cheo de fume,
o fume da confusión
que tantas paisaxes esburaca.
Teño o amor.
Acariñeino nos seus beizos invisibles
moi preto da beira da loucura.
Deixoume unhas verbas insondables
tras invadir o meu espacio.
Teño o amor
adurmiñado pola brisa
e sinto a súa presencia
envolta en soños desarmados
que corren pola néboa.
Teño o amor
e pérdome na paixón dos seus lindeiros.
(GARCÍA TEIJEIRO, A.: Na agonía dos outonos en silencio, Ediciós do Castro)
veu paseniño
co seu arrecendo suave
inquietando un corazón cheo de fume,
o fume da confusión
que tantas paisaxes esburaca.
Teño o amor.
Acariñeino nos seus beizos invisibles
moi preto da beira da loucura.
Deixoume unhas verbas insondables
tras invadir o meu espacio.
Teño o amor
adurmiñado pola brisa
e sinto a súa presencia
envolta en soños desarmados
que corren pola néboa.
Teño o amor
e pérdome na paixón dos seus lindeiros.
(GARCÍA TEIJEIRO, A.: Na agonía dos outonos en silencio, Ediciós do Castro)
domingo, 29 de enero de 2012
sábado, 28 de enero de 2012
MALETA VIAXEIRA DE CÓMIC
Ata o 6 de febreiro podedes disfrutar dos libros de banda deseñada expostos na Biblioteca. Son préstamo de Bibliotecas Escolares chegados na maleta viaxeira.
NOVA PROPOSTA NO SOUTO DOS LIBROS
PROFESORADO,
1º E 2º ESO 3º E 4º ESO PERSOAL
NON DOCENTE,
NAIS, PAIS...
1º E 2º ESO 3º E 4º ESO PERSOAL
NON DOCENTE,
NAIS, PAIS...
ALMORZOS LITERARIOS
O Souto dos libros reuniuse os días 17 e 19 de xaneiro arredor dun pequeno almorzo na nosa cafetería para falar da experiencia coas lecturas propostas. Todo un éxito aderezado co exquisito zume natural!
lunes, 23 de enero de 2012
APRENDEMOS XADREZ
ALUMNADO DO INSTITUTO QUE SABE XOGAR AO XADREZ QUERE ENSINAR A QUEN LLE INTERESE APRENDER.
PREGUNTADE NA BIBLIOTECA.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)