Ofrecémosvos unha lectura moi amena na que as ilustracións entreteñen tanto como a variada presentación do texto, non atoparemos dúas páxinas iguais. Claro que todo se relaciona co enigmático veciño de abaixo...
viernes, 13 de mayo de 2011
martes, 10 de mayo de 2011
VIAXE A AFGANISTÁN
Dende "O souto dos libros" fixemos unha viaxe ao Afganistán de Nassima. Ela falounos de Kabul, capital do país; das prohibicións dos talibáns; da terrible opresión sobre as mulleres; da extremada pobreza da maioría da poboación... E tamén nos amosou a beleza da súa terra e o importante que é loitar, amala e coidala por enriba de todo para que os soños algún día se cumpran.
domingo, 8 de mayo de 2011
MAIO DAS LETRAS
A poesía volverá inundar o instituto, desta vez
con Lois Pereiro, autor homenaxeado no Día das Letras 2011.
Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
a miña retirada preventiva
Acróstico
Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise
sabendo que debería ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio
atroz entre dous muros de silencio
só puiden evitar vivindo á sombra
inocularlle para sempre a quen amaba
doses letais do amor que envelenaba
a súa alma cunha dor eterna
substituíndo o desexo polo exilio
iniciei a viaxe sen retorno
deixándome levar sen resistencia
ó fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)