CLUBE DE LECTURA O SOUTO DOS LIBROS

lunes, 22 de junio de 2015

CONCURSO MARCAPÁXINAS

No primeiro Concurso de Marcapáxinas convocado pola biblioteca do noso centro resultou gañadora a alumna Carla Yunta Ferreira, de 2º. ESO B.

A inicios do vindeiro curso a biblioteca "Agustín Fernández Paz" distribuirá copias deste  marcador e entregaráselle a Carla un diploma.

O acto terá lugar con motivo do Día das Bibliotecas, 24 de outubro.









CLUB DE LECTURA O souto dos libros

A actividade con Roque Cameselle, autor de Bieito Dubidoso, non será posible ata o curso vindeiro por atoparse o escritor en terras do estranxeiro.

Grazas polo voso interese!

FEIRA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA

Vense de celebrar a Feira da Ciencia e da Tecnoloxía na nosa biblioteca,  unha exposición de traballos realizados polo alumnado das materias de tecnoloxía e matemáticas.