O autor de A punta de pistola charlará co alumnado de 4º ESO o vindeiro luns, 9 de decembro.
jueves, 5 de diciembre de 2013
viernes, 15 de noviembre de 2013
PARABÉNS!
A biblioteca "Agustín Fernández Paz" é PEQUENA. Xa temos máis de 2500 rexistros!
Con tal motivo expuxéronse na entrada os rexistros 1, 100, 200, 300...
Grazas a toda a comunidade educativa pola vosas aportacións!
Con tal motivo expuxéronse na entrada os rexistros 1, 100, 200, 300...
Grazas a toda a comunidade educativa pola vosas aportacións!
miércoles, 30 de octubre de 2013
SAMAÍN
Se queres pasar medo, neste enlace tes unha boa selección de curtas de terror: http://animasoapostolo.blogspot.com.es/p/cortometrajes-de-terror.html
lunes, 20 de mayo de 2013
LETRAS GALEGAS 2013
O dramaturgo Roberto Vidal Bolaño é o persoeiro homenaxeado no Día das Letras.
Tras un redondo nariz vermello de pallaso berrou verdades coma puños. Foi auténtico e íntegro.
Tras un redondo nariz vermello de pallaso berrou verdades coma puños. Foi auténtico e íntegro.
martes, 14 de mayo de 2013
AQUELES ANOS DA RADIO
Hoxe tivemos ocasión de escoitar a un xenio da radio. Carlos Losada, avó de Robin, charlou co alumnado de 4º da ESO sobre o mundo da radio nos anos da posguerra, a dobraxe de películas, a sociedade de entón tan distinta á dos nosos días...
Falounos da súa amizade co "labrego" Uxío Novoneyra, do xeito en que este se dirixía aos animais do Caurel e como compuxo o poema "O moucho"...
Foi un pracer escoitalo. A verdade é que os sesenta minutos soubéronnos a pouco.
Volva cando queira, Carlos, somos todo oídos!
Carlos Losada coa súa filla Cruz e a súa neta Robin.

sábado, 27 de abril de 2013
XUNTANZA CO ESCRITOR MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ
N'O souto dos libros agardamos a Miguel Anxo Fernández,
escritor e experto cinematográfico, o vindeiro 22 de maio.
|
domingo, 7 de abril de 2013
FELIZ ANIVERSARIO!
On ne voit bien qu'avec le cœur.
L'essentiel est invisible pour les yeux.
Septuaxésimo aniversario da publicación
desta gran obra da literatura.
viernes, 22 de marzo de 2013
DÍA DA POESÍA
PERDIDAMENTE (de Florbela Espanca)
Ser poeta é ser mais alto, é ser maior
do que os homens! Morder como quem beija!
é ser mendigo e dar como quem seja
rei do Reino de Áquem e de Além Dor!
É ter de mil desejos o esplendor
e não saber sequer que se deseja!É ter cá dentro um astro que flameja,
é ter garras e asas de condor!
É ter fome, é ter sede de Infinito!
Por elmo, as manhãs de oiro e de cetim...
É condensar o mundo num só grito!
E é amar-te, assim, perdidamente...
É seres alma, e sangue, e vida
domingo, 3 de marzo de 2013
VISITA DE MARCOS CALVEIRO
miércoles, 20 de febrero de 2013
Día de Rosalía
Un 24 de febreiro naceu Rosalía de Castro.
A biblioteca súmase a esta celebración agasallándovos con poesía.
Que disfrutedes !
A biblioteca súmase a esta celebración agasallándovos con poesía.
Que disfrutedes !
martes, 15 de enero de 2013
Proposta no club de lectura "O souto dos libros"
3º ESO, 4º ESO e adultos 1º e 2º ESO
Reunión co seu autor, Marcos Calveiro, o día 27 de febreiro na Biblioteca.
Etiquetas:
CLUB DE LECTURA,
LECTURAS RECOMENDADAS
jueves, 3 de enero de 2013
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
Disertación de A. Fdez. Paz na nosa biblioteca
o día 7 de novembro de 2012.
o día 7 de novembro de 2012.
Etiquetas:
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ,
CLUB DE LECTURA,
ESCRITORES
Suscribirse a:
Entradas (Atom)