Na xuntanza do club de lectura do día 20 de xaneiro pareceunos que A revolución vertical é unha estupenda historia para dar a coñecer o valor da literatura tradicional oral.
Na Hora de ler do día 6 de febreiro cinco persoas do club ofrecéronse a amosar esta lenda a outros cursos.
Dar a coñecer O souto dos libros (nome do club), introducir unha actividade diferente no espazo da Hora de ler e provocar a escoita foron obxectivos que tivemos moi en conta.
 |
Valeria, Iria e Adrián leron en 1º. ESO D |
 |
Mauro e Ana preferiron ler en 3º. ESO C |